O Sanxenxo faise forte na casa gañando ao CD Barco (1-0) para seguir aspirando a todo
Por Redacción
Co mínimo impúxose o Sanxenxo en Baltar de Arriba ao CD Barco (1-0) nun encontro con pouco salientable pero que mantén aos amarelo con vida na pelexa polos postos de ascenso, que se manteñen a un só punto de distancia.
O equipo de ÿscar García faise forte na casa grazas ao solitario tanto de Cuchi ao fío do descanso que supón o terceiro triunfo consecutivo dos amarelos no seu campo.
O conxunto visitante, aínda que intentou igualar o marcador na segunda metade, apenas creou perigo sobre o marco defendido por Vladimir.
A próxima xornada o Sanxenxo afronta un partido clave visitando o Gondomar, segundo clasificado.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vladimir, Darío, Fiti, Javi, Alfonso, Cañi, Diego Blanco (Nel, min.80), Deivi, Cuchi (Suso, min.75), Álex Galdames (Diego Vidal, min.52), Curri (Borja, min.88).
CD BARCO (0): Taranilla, Guntiñas (Cote, min.84), Padín, Presas, Blanco (García, min.79), Quiroga, Arias, Marconi, Kevin, Cotarelo, Rodríguez (Diego, min.15).
Árbitro: Casal Fernández (Vigo). Amonestou aos locais Vladi, Darío e Javi e aos visitantes Guntiñas, Padín, Arias, Marconi, Diego e Cotarelo.
Gol: 1-0 Cuchi, min.45.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba, Sanxenxo.