Jorge Fernández asina un hat-trick para dar a vitoria ao Villalonga (1-3) en Bouzas
Por Redacción
Sobre o papel non era o mellor escenario para que o Villalonga buscase a solución aos seus males. O Rápido de Bouzas regresaba ao Baltasar Pujales proído pola goleada recibida a pasada xornada na Malata e con ganas de certificar a permanencia, e non obstante o equipo celeste conseguiu unha vitoria vital que lle permite achegarse os postos de salvación.
Tres goles de Jorge Fernández, que se vingou deportivamente do club que prescindiu dos seus servizos a mediados desta mesma tempada, deron a volta ao marcador, servindo para anotarse a vitoria.
E iso que os locais se adiantaban cun gol de penalti, sinalado por mans de Miguel dentro da área, que transforma Chema, resultado co que se chegaría ao descanso.
A segunda parte comezou coas forzas igualadas, pero no minuto cincuenta e nove Jorge Fernández empatou ao sacar un falta, tocar o balón nun defensor e descolocar a Roberto. O Villalonga deulle a volta ao marcador seis minutos máis tarde, cando Jorge Fernández aproveita un despiste defensivo do Rápido para marcar o segundo.
Fidi tivo o empate nas súas botas, pero o seu disparo saíu lixeiramente alto. Rubén e Carneiro, a balón parado, tamén puideron empatar, pero o balón non entrou. Non obstante, o Villalonga sentenciou cun terceiro gol de Jorge Fernández.
RÁPIDO DE BOUZAS (1): Roberto, Marcos, Pablo, Portas, Bruno, Fidi (Carlos, minuto 79), Pardavila (Rubén, minuto 56), Chema (Xosé, minuto 69), Carneiro, Diz e Aitor Gómez.
VILLALONGA, F.C. (3): Roberto Pazos, Machu, Leo, Marc, Diego Oliveira (Javi, minuto 86), Miguel, Tenorio, Nelo, Jorge (Ramón, minuto 84), Saúl e Fran Matos.
Árbitro: García Rodríguez, auxiliado por Méndez Castro e Gil Soriano (A Coruña). Amoestou Fidi, Bruno, Pardavila, Leo, Machu, Jorge Fernández, Miguel e Tenorio.
Goles: (1-0) Minuto 21: Chema, de penalti. (1-1) Minuto 59: Jorge Fernández. (1-2) Minuto 65: Jorge Fernández. (1-3) Minuto 83: Jorge Fernández.
Incidencias: Campo Baltasar Pujales (Bouzas-Vigo). Uns 200 espectadores.