Malia mellorar as súas marcas a Gimnástica non conseguiu medallas en Antequera
Por Redacción
Antequera acolleu o último Campionato de España da tempada de pista cuberta. Os Júnior da Gimnástica que se desprazaron á localidade andaluza demostraron, polas marcas conseguidas, que se atopaban no momento óptimo de forma, pero non conseguiron un posto de podio.
Alba Martínez foi a primeira atleta da Sociedade Gimnástica que empezou a competir na proba de triplo salto. No calentamento reproducíuselle a lesión que levaba arrastrando desde fai dous meses e decidiu non participar, unha mágoa xa que coa marca que asinou este ano tiña un posto fixo no podio. Por suposto tampouco estivo na outra proba na que estaba inscrita, o salto de lonxitude.
Sebastián Vieites tiña moi complicado subir ao podio no salto con pértiga, aínda así chegou a saltar os 4,30, a só tres centímetros da súa marca persoal que conseguira fai quince días. Sebas empató con outros seis atletas nesta altura, pero os tres intentos que gastou en superar o listón relegáronlle á décima posición.
Iván Martínez, foi o terceiro atleta da Sociedade Gimnástica en entrar en liza. Tiña serias opcións de sumar unha medalla no salto de lonxitude e no último salto do concurso de seguro estivo a piques de conseguilo, cun 7,16 que lle deixaba a só 6 centímetros da medalla de bronce, aínda así magnífica a cuarta posición obtida. Iván tamén participou na proba de salto de altura, o obxectivo estaba en superar os 1,89 que saltou este inverno; custoulle conseguilo e gastou tres intentos en superar 1,91 e a altura seguinte, 1,95, xa non puido superala, conseguindo finalmente a novena posición.