Tivo que sufrir o Feel Cortegada para vencer (57-60) en Ourense ao Pabellón
Por Redacción
Parecía fácil. O Cortegada asinaba de saída un parcial favorable de 0-12, pero o Pabellón non se rendeu, e, como xa sucedera no partido da primeira volta disputado en Vilagarcía, vendeu cara a súa derrota (57-60), obrigando ao líder a tirar das súas mellores armas para evitar a sorpresa.
Perdas de balón e falta de intensidade defensiva no conxunto local facían pensar nunha cómoda vitoria das vilagarcianas, pero no segundo cuarto o Pabellón corrixiu erros e meteuse no partido. A pesar do desacerto no tiro exterior foron limando diferenzas ata situarse a cinco puntos, reacción abortada por Ilenia Manzanares e Amy Syll, que mantiveron a renda visitante no descanso.
De novo o comezo do terceiro cuarto foi para o Cortegada que saíu do vestuario con máis intensidade, escapándose ata os 13 puntos. A entrada en pista de Quiroga cambiou a cara ao Pabellón, que intensificou o seu defensa e coa achega de Álvarez fixo un parcial de 12-2, deixando a resolución para o último cuarto.
Pallardó e Álvarez fixeron soñar ás ourensanas, logrando poñer ao Pabellón un punto arriba por primeira vez no partido (57-56) cun minuto e medio por xogar, pero tres perdas de balón consecutivas serviron ao Cortegada para levarse unha sufrida vitoria, baseada na sensacional achega da ex xogadora do Pabellón Ilenia Manzanares, que con 21 puntos e 10 rebotes, asinou 36 de valoración, mentres Amy sumou 19, tamén con dobres figuras: 10 puntos e 17 rebotes.
PABELLÿN (57): Begoña Pallardó (16), María José Bolonio (18), Vero Blanco, María Álvarez (12), María Quiroga, Arantxa Mallou (4), Nuria Ramiro (4), Miriam Bolívar (3), Belén Sabucedo e Olga González.
FEEL CORTEGADA (60): Andrea Ríos (11), Álex Pérez, Eva Arines, Montse Gilabert (5), Onayssa Sbahi (3), Salomé García (7), Amy Syll (10), Lucía Méndez (3) e Ilenia Manzanares (21).
Árbitros: Godoy Morillo e Huete Salcedo. Eliminaron por cinco faltas a Nuria Ramiro.
Marcadores parciais: 10-17, 15-13 (25-30), 20-18 (45-48) e 12-12 (57-60, final).
Incidencias: Pabellón de Vos Remedios (Ourense). Uns 300 espectadores.