Respira o Bueu Atlético (29-25) a costa dun Cisne desmotivado
Por Redacción
Chegaban ao partido con situacións moi distintas, o Bueu Atlético necesitaba a vitoria para eludir a última praza da táboa e o descenso de categoría, mentres que o Cisne facíao sen máis obxectivo que finalizar unha tempada na que xa ten os deberes feitos e esa diferenza notouse de forma decisiva na vitoria do cuaddro local.
Baseando o seu xogo no bo labor defensivo, o Bueu Atlético dominou todo o partido, aínda que só conseguiría chegar ao descanso cunha mínima diferenza a favor. Pero na segunda parte a diferenza de motivación deixouse notar e, amparados no bo labor de Fran baixo paus romperon o partido cun parcial de 13-6 que sentenciaba o marcador.
Milucho Pintos intentou unha defensa aberta, nun agrasivo 3-3, que únicamente serviu para maquillar o resultado final dun partido no que o Cisne estivo moi lonxe do seu nivel habitual.
BUEU ATLÿTICO (29): Fran, Yeray (p.s.); Mauro, Sergio (2), Raski, Jacobo (4), Miguel Pumariega (1), Abel (5), Evo, Pablo Quintans (6), Chema (2), Santi (5) e Andrés (4).
CLUB CISNE (25): Toño e Juan (p.s.); Bruno (1), Picallo, Pablo Domínguez (12), Álex Chan (4), Martín (3), Casares (1), Vázquez (1), Eduardo, Miguel, Pachi (2), Adrián e Dani.
Árbitros: Samuel Lozano e Pablo Martín (Castilla A Mancha). Excluíron a Miguel Abel, Quintans, Chema (2), Santi (2), Pablo Domínguez, Casares e Miguel.
Marcador (cada cinco minutos): 3-3, 5-4, 8-6, 9-9, 11-10, 14-13 (descanso), 15-14, 19-16, 21-16, 27-19, 27-20 e 29-25 (final).
Incidencias: Pabellón Municipal (Bueu). Uns 200 espectadores.