O Club Natación Galaico presenta as súas catro nadadoras que competirán no XIV Campionato de España
Por Redacción
Serán uns 400 nadadores representantes de máis de 100 clubs, con todo o equipo olímpico español, ademais dalgúns dos medallistas olímpicos doutros países, xa que haberá uns 60 deportistas estranxeiros que intentarán dar o máximo para buscar a marca mínima para os Mundiais de Barcelona. Pontevedra converterase o vindeiro xoves, día 21, na capital da natación española. A piscina olímpica de Ponte Muiños acollerá o Campionato de España Open de Primavera de Natación que na tarde do venres tivo un bonito e próximo acto promocional organizado polo Concello de Pontevedra na Praza de Peregrínaa.
Ademais de presentar aos pontevedreses o campionato e animarlles a acudir a presenciar as probas, o evento serviu para que as catro nadadoras do Club Natación Galaico Pontevedra, Bea Gómez Cortés, Iria García, Laura Paola Montes e Nerea Rodiño, se désen un baño de multitudes e recollesen o agarimo e apoio dos seus compañeiros de club e de numerosos afeccionados que presenciaron o acto, culminado coa realización por parte dun grupo teatral dunha 'performance' sobre o deporte da natación e a competición olímpica.
Previamente as nadadoras foran recibidas no Concello de Pontevedra, para trasladarse logo á céntrica e emblemática praza, que serviu de marco para o primeiro dos actos destinados á promoción dun campionato de primeiro nivel mundial.