O Barcelona B ameaza ao Teucro nunha "gran oportunidad" de deixar sentenciado o ascenso
Por Diego Espiño
Despois de fallar no seu primeiro intento, a Sociedad Deportiva Teucro afronta este sábado (20:00 horas) a súa segunda opción de pechar o ascenso á liga Asobal, aínda que do mesmo xeito que en Alcobendas necesita non só vencer senón que o seu principal rival, Palma del Río, non o consiga no seu compromiso ligueiro.
Independentemente desa circunstancia, o equipo pontevedrés é consciente dun triunfo ante o Barcelona B deixaría practicamente sentenciado o campionato antes de visitar precisamente a cancha do Palma.
Quique Domínguez: "Ojalá que la gente se dé cuenta de lo importante que es el partido"
Por iso os azuis apóianse no poder a súa afección para espantar a pantasma de 2015, cando tamén co ascenso e co mesmo rival o Teucro perdeu na pista aínda que terminou ascendendo ao día seguinte. "Ojalá que la gente se dé cuenta de lo importante que es el partido", explica Quique Domínguez.
Asegura o técnico teucrista que o filial blaugrana "no vendrá a pasearse" a Pontevedra, cun equipo infestado de xogadores novos pero de moita calidade que loitan por facerse oco nun dos mellores equipos do Mundo. "Nos van a obligar a hacer un partido muy completo", vaticina.
O descanso da pasada fin de semana favoreceu a recuperación de Óscar Silva, polo que salvo o lesionado Johnny Medina, operado este venres en Barcelona da súa grave doenza de xeonllo, o resto do plantel esta en perfectas condicións para a cita.
Os colexiados do encontro serán os navarros García San Martín e Roy Añón.
O CISNE APURA AS SÚAS OPCIÓNS EN NAVA
Con menos presión acode o Cisne a Nava de la Asunción (sábado,18:30 horas), aínda que coa intención de apurar as poucas opcións que aínda quedan de pelexar por entrar no play-off de ascenso.
Os de Jabato, que recupera para a cita a Pablo Galán, deben facer pleno nas tres xornadas que restan para o final da competición e que Torrelavega ceda puntos para compensar a desvantaxe de 4 que ten na táboa.
Neste partido a parella designada de árbitros será a composta polo estremeño Vinagre Vázquez e o andaluz García Sánchez.
Relacionadas:
-
Asobal e Teucro reencóntranse!
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A necesidade de BM Nava pode coa desidia visitante do Cisne (32-27)
Por Redacción |
-
O vestiario do Teucro pide axuda para pechar o ascenso: "Imos necesitar o empuxe da nosa afección"
Por Redacción |
-
Descanso para o Teucro antes da fase decisiva
Por Redacción |
-
O Teucro non cumpre coa súa parte en Alcobendas e o ascenso terá que esperar (32-26)
Por Redacción |