O Club Aromon, no 'Top-10' do Campionato de España de Orientación
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os municipios de Canencia e Miraflores, na Serra Madrileña, foron escenario dun Campionato de España de Orientación Deportiva (CEO2017) que resultou especialmente positivo para o Club Aromon Montañeiros Pontevedra A Roelo.
A pesar das adversidades que tiveron que afrontar algúns das súas deportivas, con lesións e problemas estomacais, a entidade pontevedresa logrou un resultado histórico para un club galego ao acabar dentro do Top-10 nacional.
O Aromon foi oitavo na clasificación xeral, na que figuraban ata 125 clubs, colaborando ademais activamente na sétima posición da Selección Galega no apartado de Comunidades Autónomas.
O resultado dos 29 orientadores que acudiron á cita achega un pouco máis aos pontevedreses ao obxectivo marcado a principio de tempada, lograr o ascenso a División de Honra que se lles escapou o pasado ano por unha escasa marxe.
Na máxima categoría, elite, o Campión Galego de Media Distancia Ángel A. Serto foi 23º en Distancia longa, 21º en media e 41º en sprint, resaltando a importancia de que esta proba sprint forma parte da Liga Mundial.
Destacan ademais os resultados de Xoel Chamorro, 1º en longa, 4º en media e 5º en sprint, e Ángel Soto 4º en sprint, ambos na categoría M-21A; de Teresa Bellón, alumna da Escola de Orientación recentemente creada, 2ª en longa e 7ª en aprint (F-21A); de Xián Novoa, 3º en sprint e 12º en longa (M-12); de Iván Lois Serto, 15º en sprint (M-20); de Alicia Pérez Alonso, 9ª en sprint (F-35A); de Sonia Arias, 5ª en sprint e 7ª en longa (F-40) e de Javier Alvelo, 9º en sprint e 11º en media (M-50).
Relacionadas:
-
O Pontillón do Castro e o Monte Xiabre, escenarios do Campionato de España de Orientación MTB
-
50 quilómetros de ruta para a cuarta edición de PonteAndar
Por Redacción |
-
O Grove apúntase á orientación deportiva
Por Redacción |
-
Montañeiros pontevedreses conquistan o pico máis alto do norte de África
Por Redacción |
-
A orientación tamén é un deporte para escolares
Por Mónica Patxot |
-
Inicio esperanzador para a nova escola de orientación deportiva
Por Redacción |