O Teucro, a confirmar as boas sensacións na súa estrea no Municipal
Por Diego Espiño
Volve a segunda categoría do balonmán nacional a Pontevedra. A Sociedade Deportiva Teucro rencóntrase coa súa afección coa visita do BM Torrelavega (Sábado, 20:00 horas no Pavillón Municipal), tras estar a punto de dar a sorpresa no primeiro partido ligueiro ante o filial do Fútbol Club Barcelona.
Non o logrou o conxunto dirixido por Javier Barrios, que agora intentará estrear a seu casilleiro canto antes para afastarse dos postos baixos da clasificación.
Para iso o adestrador teucrista non poderá contar co central Didac Villar, que arrastra problemas musculares dende o partido do pasado sábado.
Pola súa banda, o Balonmano Torrelavega, que comezou a tempada vencendo ao Bidasoa, chega a Pontevedra despois de salvar a categoría nos despachos, pero cun equipo apuntalado con homes como o ex do Octavio Guillermo Barbón.
Para Barrios, os cántabros serán "un equipo correoso y competitivo. Se han reforzado muy bien".