Último tren cara ao play-off para o Cisne
Por Redacción
As opcións do Club Cisne por facer historia e xogar o play-off de ascenso á Liga Asobal pasan polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Os pontevedreses reciben este sábado en casa (17:30 horas) ao rival que ocupa a última praza que dá dereito a xogar a fase de ascenso, o Torrelavega.
Un triunfo permitiría aos Jabato empatar a puntos co cántabros pero unha derrota deixaríalles xa case sen opcións reais.
Outra cousa será recuperar o average, misión case imposible tendo en conta a ampla derrota da primeira volta en Torrelavega (33-23), pero todo é posible para un equipo que cando xoga na súa cancha e ante os seus móstrase como un dos máis difíciles de bater da competición.
Os colexiados do encontro serán os madrileños Bernardino Fernández García e Raúl Rodríguez Díaz.
Relacionadas:
-
A necesidade de BM Nava pode coa desidia visitante do Cisne (32-27)
Por Redacción |
-
Torrelavega enterra as ilusións dun Cisne que cede coa cabeza alta (25-26)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Cisne supera na segunda parte o Tolosa e a si mesmo (29-37) para manter as súas opcións
Por Redacción |