Vitoria ante o Añares Rioja (68-62) dun Arxil que segue crendo nas súas posibilidades
Por Redacción
Non renuncia o Club Baloncesto Arxil a pelexar pola cuarta posición da Liga Feminina 2 na recta final da competición.
As verdes están dispostas a apurar ata o final as súas opcións, e así o desmotraron no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ante o Añares Rioja (68-62), nun encontro que se decidiu no terceiro cuarto a pesar do apertado do marcador final.
María Lago (22 puntos) e Minata Keita (14) lideraron unha vez máis en ataque a un Arxil que non se atopou cómodo no inicio do choque. Así, no primeiro cuarto as visitantes mantiñan a igualdade e mesmo mandaban no marcador (14-15).
Foi no segundo parcial cando as de Mayte Méndez empezaron a mandar cunha gran defensa, chegando con vantaxe ao descanso (29-25), aínda que non foi ata despois do intermedio cando o Arxil marcou a diferenza. Mantivo o nivel defensivo pero o ataque mostrouse máis incisivo para deixar case sentenciado o encontro (52-35).
Mellorou o cadro rioxano no último cuarto, e chegou mesmo a apertar o electrónico, pero a renda era demasiado importante e non chegou a culminar a remontada.
Relacionadas:
-
Adeus do Arxil ás súas opcións de play-off ao perder na cancha do Sant Adriá (78-66)
Por Redacción |
-
Complicada saída para un Arxil que quere chegar á última xornada con opcións
Por Redacción |
-
Último cartucho para o Club Baloncesto Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil afástase do seu soño ao caer fronte ao Segle XXI (77-67) vítima dun mal segundo cuarto
Por Redacción |