Lourdes Domínguez, medalla de bronce ao Mérito Deportivo
Por Alejandro Espiño
Catro meses despois de anunciar a súa retirada, Lourdes Domínguez segue acumulando recoñecementos. O último, polo momento, chega de mans do Consello Superior de Deportes (CSD). A tenista pontevedresa recibirá a medalla de bronce ao Mérito Deportivo, segundo transcendeu na tarde deste mércores.
Recibirá o galardón este venres de mans do actual presidente do CSD, José Ramón Lete Lasa.
Lourdes Domínguez pechou a súa carreira profesional o pasado mes de novembro, despois de vinte anos no circuíto profesional. Chegou a situarse entre as 40 mellores tenistas de todo o mundo.
Retirouse con dous títulos en torneos da WTA, ambos os dous logrados en Bogotá (Colombia) en 2006 e 2011. Ademais, alcanzou tres finais en Bogotá (2005), Budapest (2006) e Marrakesch (2013).
Como dobrista sumou outros sete títulos con diferentes parellas, nun total de 14 finais alcanzadas, e chegou a representar a España en once eliminatorias da Copa Federación.
Entre os seus logros figura, ademais, que en 1999 converteuse na primeira xogadora española campioa júnior de Roland Garros, un dos torneos máis importantes do circuíto do tenis profesional.
Relacionadas:
-
A medalla de bronce ao Mérito Deportivo, o "colofón perfecto" á carreira de Lourdes Domínguez
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Lourdes Domínguez recibe o agarimo de todo o tenis galego
Por Redacción & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Lourdes Domínguez anuncia cunha emotiva rolda de prensa a súa retirada do tenis profesional
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Lourdes Domínguez colga a raqueta tras vinte anos na elite do tenis profesional
Por Redacción |