O Calvo Xiria pasa por enriba do Cisne (26-34) no CGTD
Por Redacción
A intensidade foi o factor determinante no enfrontamento entre Cisne e Calvo Xiria (26-34) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Os de Carballo, rivais directos do Cisne, mostráronse máis motivados e iso resultou decisivo ante un equipo pontevedrés que se deixou levar ao verse moi pronto por debaixo no marcador.
O Calvo Xiria dominou dende os instantes iniciais e en ningún momento viu perigar a vitoria. Os homes de Milucho Pintos non tiveron o seu día, demostrado en maior medida nas superioridades numéricas, que non souberon aproveitar para reducir a renda dos visitantes.
CISNE BM (26): Pablo Galán, Dacosta (1), Pablo Domínguez (7), Pablo Picallo, Dani Puente (1), Montesinos (1), Adrián (2), Novás, Andrés (2), Chan (5), Martín Iglesias (3), Edu Covelo (2), Pablo Rey (1), Miguel Simón (1).
CALVO XIRIA (34): Suárez Pumariega (2), Iglesias (10), Dubra (3), Guerra, Puñal, Manuel Méndez (4), Varela (6), Martín (2), Hugo (6), Pombo (1), Calvete, Bouzas, Fidalgo García.
Árbitros: Omar Fagúndez e Tomás Fernández.
Marcador cada cinco minutos: 2-5, 2-6, 4-8, 7-11, 8-14, 9-18, descanso, 13-21, 16-24, 18-27, 20-29, 23-30, 26-34.
Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.