A Universidade de Vigo, gran vencedora do Campionato Galego Universitario celebrado en Pontevedra
Por Redacción
Máis de 500 deportistas participaron este xoves en Pontevedra no XX Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
A Universidade de Vigo foi a gran vencedora da xornada, ao facerse con sete do 12 título en xogo, os de baloncesto masculino e feminino, balonmán masculino, fútbol sala masculino e feminino, fútbol e fútbol-7.
A Coruña pola súa banda alzouse co triunfo en rugby-7 masculino e feminino e voleibol feminino, mietras que a Universidade de Santiago de Compostela levou a vitoria en balonmán feminino e voleibol masculino.
Durante toda a xornada cinco sedes acolleron as diferentes competicións. O pavillón universitario acolleu os torneos de fútbol sala, o Multiusos da Xunqueira os de baloncesto e voleibol, o Municipal as de balonmán, o campo de fútbol e rugby de Monte Porreiro acolleu a competición de rugby e os campos da Xunqueira as de fútbol e fútbol-7.