Mario Barco, moi xusto para reaparecer ante o Burgos
Por Diego Espiño
Despois de mes e medio de ausencia Mario Barco apura as posibilidades de entrar na convocatoria do próximo encontro ligueiro do Pontevedra, o vindeiro domingo (17:00 horas) en Pasarón ante o Burgos. Con todo o dianteiro granate ten complicado reaparecer a fin de semana, a teor do visto no adestramento deste mércores celebrado no campo municipal da Seca, en Poio.
"He intendado forzar un poco y no me he sentido muy bien pero de aquí al domingo hay cuatro días y también el descanso forma parte de la competición", recoñeceu Barco ao termo da sesión, que non puido completar ao mesmo ritmo que os seus compañeiros.
Mario Barco: "He intendado forzar un poco y no me he sentido muy bien"
Tanto Mario como Iker Alegre participaron nos exercicios de grupo ata pasado o ecuador da sesión, cando se retiraron a facer estiramentos co fisioterapeuta do club, Manu Barros.
O esta físico do pichichi do equipo é a principal incógnita coa que conta Luisito pensando na fin de semana, pero o atacante polo momento non quere descartarse xa que "los fisios y recuperadores me dicen que funcionalmente tengo bien el tobillo pero tengo que aprender a tolerar ese dolor", sinalou á medios comunicación presentes.
O momento no que máis molestias nota é cando debe afrontar cambios de dirección ou saídas, aspectos nos aínda "me veo muy lento. Tengo que coger esa fuerza y confianza", explicou.
Mario Barco aludiu tamén á mala serie de resultados que atravesa o Pontevedra, e da que está convencido de poder saír ante o Burgos porque ve aos seus compañeiros adestrar "muy duro", ademais de estar "confiados y con una buena actitud".
Pola súa banda o outro futbolista do primeiro plantel lesionado, Iker Alegre, móstrase xa visiblemente recuperado da súa grave lesión de xeonllo só cinco meses despois da súa operación, pero no seu caso a volta aos terreos de xogo aínda debe esperar unhas semanas para minimizar o risco de sufrir unha recaída.
Relacionadas:
-
Con Mario Barco volven os goles a Pasarón e o Pontevedra remonta ante o Burgos (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O bo momento do Burgos ameaza a un Pontevedra que quere poñer fin á súa xeira negativa
Por Diego Espiño |
-
As peñas do Pontevedra estrean o "Terceiro Tempo Granate"
Por Redacción |
-
A loita pola cuarta praza, a lume vivo
Por Diego Espiño |
-
Un chispazo de Dani Benítez basta para tombar a un Pontevedra sen pegada en Ferrol (1-0)
Por Raúl Salgado |