Adrián Esperón e Patricia Martínez revalidan o seu título de campións nacionais 'Standard'
Por Redacción
A parella pontevedresa de baile deportiva composta por Adrián Esperón e Patricia Martínez revalidaron o pasado fin de semana o seu título de campións de España na modalidade de Standard.
Patricia e Adrián foron os mellores da categoría absoluta na competición celebrada na localidade castellonenca de Oropesa del Mar.
O Campionato de España de Standard reuniu a 440 parellas, que se enfrontaron aos ritmos oficiais desta especialidade: Vals Lento, Tango, Vals Vienés, Slow Fox e Quickstep.
Este título achega a ambos á competición dos World Games que terán lugar no verán en Polonia. Unha cita na que están presentes deportes que non forman parte dos Xogos pero si están incluídos no programa olímpico e á que a Federación Española enviará a tres parellas como representación: unha de Standard, outra de Latino e unha de Salsa.
Podes ver parte da actuación de Adrián Esperón e Patricia Martínez no seguinte vídeo gravado por Platis Cinema.
Relacionadas:
-
Recepción provincial a Adrián Esperón e Patricia Martínez antes da súa participación nos World Games
Por Redacción |
-
Noelia Rey, unha nova promesa pontevedresa do baile deportivo
Por Redacción |
-
Adrián Esperón, embajador del centro comercial urbano Zona Monumental
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Bo papel de Adrián Esperón e Patricia Martínez na Copa de Europa de baile deportivo
Por Redacción |
-
Décima participación mundialista de Adrián Esperón e Patricia Martínez
Por Redacción |
-
Aprendendo a bailar na Zona Monumental
Por Cristina Saiz |