A porta pechada non detén a un bo Marcón, que vence ao Chaín e axexa o liderado
Por Redacción
Importante triunfo do Marcón Atlético ante un rival directo polo ascenso como o Chaín (3-2), nun choque disputado a porta pechada pola sanción imposta no seu día ao club por insultos racistas dalgúns afeccionados.
Pese ao castigo, un grupo de seguidores seguiron o encontro desde as zonas elevadas que rodean o campo do Carrasco.
Sapi foi o heroe do encontro para os locais con dous goles, o segundo a só cinco minutos do final que certificaba unha remontada que lles devolve a segunda praza e colócalles a só un punto do líder, Beluso.
O choque foi tremendamente disputado. O propio Sapi foi o encargado de inaugurar o marcador superando ao porteiro cunha vaselina, aos 23 minutos, pero á media hora o Chaín igualaba á saída dun corner.
Tras o descanso un penalti de Marcos puxo o partido costa arriba para o Marcón, que se envorcou en ataque e viuse favorecido pouco despois pola expulsión dun xogador visitantes. Desde entón os de Luís Oliveira asediaron ao Chaín ata que Berto, no 70, lograba o empate e Sapi completaba despois a remontada.
Consulta aquí o acta do Marcón Atlético-Chaín.
Dura derrota do Pontevedra B na casa, que rompe a dinámica positiva que traía o equipo desde a chegada de Tonete ao banco.
O filial caeu goleado (0-3) ante o Umia, nun duelo que se empezou a decantar á media hora cun gol de Pablo Porta e quedou encarrilado antes do descanso co 0-2. O segundo tanto fixo moito dano aos granates, que no 63 encaixaron o terceiro tanto.
O Pontevedra B queda coa derrota na décimo sexta praza con 20 puntos.
Relacionadas:
-
O Marcón ponse a tiro do líder e o Pontevedra B recupera a confianza cunha goleada
Por Redacción |
-
O Marcón ve freado o seu bo momento no Grove e o Pontevedra B salva un punto en Ponteareas
Por Redacción |
-
O Marcón tira de enxeño para que os seus afeccionados poidan ver o choque a porta pechada ante o Chaín
Por Redacción |
-
Xornada de empates para Marcón e Pontevedra B
Por Redacción |
-
A directiva do Marcón ameaza con dimitir en bloque ao sentirse como cabeza de turco da Federación
Por Diego Espiño |
-
Un partido a porta pechada e multa económica ao Marcón por insultos racistas dalgúns dos seus afeccionados
Por Redacción |