O Marcón tira de enxeño para que os seus afeccionados poidan ver o choque a porta pechada ante o Chaín
Por Redacción
A sanción imposta polo Comité de Competición ao Marcón Atlético tras os insultos racistas de varios afeccionados no seu último choque como local, ante o San Martín, obrigou á directiva do club para tirar de enxeño para non sentirse só no importante choque do próximo domingo (16:30 horas).
O cadro pontevedrés, terceiro na táboa, recibirá no Carrasco ao segundo clasificado, o Chaín, nunha partido clave na loita polo ascenso de categoría e que debe xogarse a porta pechada.
Iso será así oficialmente, pero o Marcón aproveitou a peculiar situación xeográfica do seu campo para suxerir aos seus seguidores varias localizacións desde as que seguir o partido, aproveitando as zonas elevadas que rodean o terreo de xogo.
Aquí os dejamos las posibles zonas para poder disfrutar del Marcón-Chaín el domingo 16:30@AmadorCabaleiro.Anímate pic.twitter.com/rwHO7Cxqto
— Marcón Atlético (@marconatl) 26 de enero de 2017
"Que os cierren la puerta no significa que no podais animar, gritar y reivindicaros como afición ejemplar", sinala o club a través da súa conta oficial de Twitter.
Que os cierren la puerta no significa que no podais animar,gritar y reivindicaros como afición EJEMPLAR.El equipo quiere oiros desde fuera.
— Marcón Atlético (@marconatl) 24 de enero de 2017
O Comité de Competición sancionou ao Marcón coa disputa dun encontro a porta pechada e unha multa económica de 301 euros, o mínimo castigo posible dada a gravidade do reflectido no acta arbitral, que tamén recolleu a rápida reacción e bo comportamento da directiva ante o desagradable suceso.
Relacionadas:
-
A porta pechada non detén a un bo Marcón, que vence ao Chaín e axexa o liderado
Por Redacción |
-
Xornada de empates para Marcón e Pontevedra B
Por Redacción |
-
A directiva do Marcón ameaza con dimitir en bloque ao sentirse como cabeza de turco da Federación
Por Diego Espiño |
-
Un partido a porta pechada e multa económica ao Marcón por insultos racistas dalgúns dos seus afeccionados
Por Redacción |