Xornada de empates para Marcón e Pontevedra B
Por Redacción
O Marcón Atlético desaproveitou unha gran ocasión para recortar puntos ao líder ao deperdiciar dous goles de vantaxe na súa visita ao campo do Candeán (3-3).
Os pontevedreses ven truncada a súa serie de triunfos pero mantéñense na pelexa polos primeiros postos despois dun partido que empezou costa arriba cun tanto local no 14 pero que cambiou ao fío do descanso.
Un gol en propia porta a pouco do intermedio deu ás a un Marcón que se puxo en vantaxe nada máis comezar o segundo acto, cun tanto de Manu Sieiro. Sapi, cun gran lanzamento de falta, encarrilaba o choque co 1-3 aos 72 minutos, pero só un minuto despois Joel recortaba distancias.
Tocaba sufrir para aguantar a renda, e fixérono os de Luís Oliveira ata que no último minuto chegou a igualada do Candeán.
Con este resultado o Marcón Atlético cae á terceira posición con 36 puntos, un menos que o seu próximo rival, o Chaín, a quen recibirá a próxima fin de semana no Carrasco nun choque que se celebrará a porta pechada pola sanción imposta ao equipo pontevedrés.
Consulta aquí o acta do Candeán-Marcón Atlético.
Tampouco pasou do empate o Pontevedra B no campo do Atlético Cuntis (2-2), un rival directo por escapar do descenso.
Ramón adiantou ao filial nada máis comezar, aos 3 minutos, pero os locais empataron xusto antes do descanso. Foi un golpe para os granates, que no inicio do segundo acto encaixaron o segundo gol.
Repuxéronse os de Tonete para ir a por a igualada e salvar un punto a falta de 20 minutos grazas a un gol de Yago.
Co empate o Pontevedra B queda na décimo sexta praza con 20 puntos, tres máis que o Cuntis.
Relacionadas:
-
O Marcón ve freado o seu bo momento no Grove e o Pontevedra B salva un punto en Ponteareas
Por Redacción |
-
A porta pechada non detén a un bo Marcón, que vence ao Chaín e axexa o liderado
Por Redacción |
-
O Marcón tira de enxeño para que os seus afeccionados poidan ver o choque a porta pechada ante o Chaín
Por Redacción |
-
A directiva do Marcón ameaza con dimitir en bloque ao sentirse como cabeza de turco da Federación
Por Diego Espiño |
-
Un partido a porta pechada e multa económica ao Marcón por insultos racistas dalgúns dos seus afeccionados
Por Redacción |
-
O Marcón colle velocidade de cruceiro e o Pontevedra B logra o seu segundo triunfo consecutivo
Por Redacción |