Derrota en Lugo dun Arxil que paga o seu mal inicio de partido fronte a Ensino (68-57)
Por Redacción
Non atravesa o Arxil o seu mellor momento de xogo e especialmente de resultados. As de Mayte Méndez iniciaban a segunda volta ligueira visitando a pista do Ensino Lugo, de onde saíron derrotadas con claridade, como consecuencia da súa mala posta en escena, que lles fixo ir a remolque durante todo o partido.
As verdes acusaron unha vez máis a súa falta de puntería no lanzamento a canastra, asinando un pobre 34% (23 de 68) nos tiros de campo, e un máis pobre aínda 14% (2 de 14) nos triplos. Aínda por riba, o dominio dos taboleiros tamén foi para o cadro lucense (45 rebotes contra 36 das arxilistas).
Se a iso unimos que para o Ensino todas as súas xogadoras achegaron, anotando as dez que saltaron á pista, mentres as pontevedresas dependeron en gran medida da achega ofensiva de María Lago (17 puntos) e Minata Keita (19 puntos).
Con todo, a clave estivo nun mal primeiro cuarto das visitantes, cun parcial de 20-11 que condicionaba o resto do partido. Arxil reduciu lixeiramente no segundos dez minutos (14-16) para retirarse ao descanso con opcións (34-27).
A melloría mantívose á volta de vestiarios (13-15) pero os cinco puntos de vantaxe con que as lucenses entraron no último cuarto foron suficientes, ao mellorar no seu acerto no lanzamento, ampliando distancias (21-15), para terminar vencendo por un claro 68-57.
Consulta aquí as estatísticas do Ensino-Arxil.
Relacionadas:
-
Un triplo de Minata Keita na prórroga permite ao Arxil superar a Joventut Les Corts (66-64)
Por Redacción |
-
O Arxil recupera as boas sensacións para superar con claridade ao ADBA Avilés (80-58)
Por Redacción |
-
A escolta compostelá Arantxa Mallou incorpórase ao Arxil
Por Redacción |
-
Inicio da segunda volta para un Arxil que segue pendente do mercado
Por Redacción |
-
O Arxil afúndese no último cuarto e cae na súa visita ao pechacancelas Universidad de Oviedo (75-66)
Por Redacción |
-
Volta á competición ligueira para un Arxil que viaxa a Oviedo baixo mínimos
Por Redacción |
-
Apuros económicos no Arxil tras a 'espantada' de Waleska Pérez
Por Diego Espiño |