Pontevedra postúlase como candidata a acoller en 2019 o Europeo Junior de Loitas Olímpicas
Por Diego Espiño
O ano 2019 vai camiño de ser histórico deportivamente falando en Pontevedra. "Vamos a ter overbooking", recoñece o alcalde da cidade, que confirmou este mércores o ofrecemento que fixo para ser sede ese ano do Campionato de Europa Junior de Loitas Olímpicas.
"A Federación Española vai a pedir para España o Campionato de Europa Junior 2019 e dentro desa petición ou Concello de Pontevedra se candidata para acollelo", recoñeceu Miguel Anxo Fernández Lores ante os medios de comunicación.
Esta competición tería lugar no mes de xullo dun ano no que a cidade de Lérez está confirmada como sede do ITU Multisport Festival de tríatlon, que supón a celebración de catro campionatos do Mundo, e tamén acollerá o Mundial Junior de balonmán.
O alcalde confirmou o interese nesta proba tras reunirse co presidente da Federación Española de Loitas Olímpicas, Francisco Iglesias, como paso previo á celebración do Campionato de España Senior e Cadete, que terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra o próximo 25 de marzo. No encontro tamén estiveron presentes a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e o presidente da Federación Galega, José Luis Olazábal.
"La ciudad en sí es idónea para estos campeonatos", sinalou o representante federativo en relación ao evento nacional, que reunirá a preto de medio milleiro de deportistas na busca de entrar no equipo nacional de loita que acudirá ás diferentes competicións internacionais da tempada.
Relacionadas:
-
Conceden a Pontevedra a organización do Europeo Junior de Loitas Olímpicas de 2019
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra pasa o exame da Federación Internacional de Loita para o Europeo Junior de 2019
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez, sen fortuna no Europeo Junior de Loitas Olímpicas
Por Redacción |
-
Cita co "evento de lucha más importante de España" no Pavillón Municipal
Por Diego Espiño |
-
Dobre medalla de ouro para Lydia Pérez na primeira gran competición da tempada
Por Redacción |
-
Conceden a Pontevedra a organización do Campionato de España de Loitas Olímpicas
Por Diego Espiño |
-
O Loita Pontevedra triunfa na casa no Nacional Junior con medallas para Lydia Pérez e Carmen Salgado
Por Diego Torrado |