O Teucro cumpre o trámite e supera ao Ismai Maia nun amigable no Municipal (36-30)
Por Diego Espiño
Obxectivo cumprido para o Teucro no primeiro dos dous amigables pactados durante os primeiros días do ano para preparar o inicio da segunda volta da competición na División de Honra Prata de balonmán.
O cadro pontevedrés superou con comodidade no Municipal ao Ismai Maia (36-30), nun choque de pouco ritmo pero que serviu para dar minutos a todo o plantel, a excepción do lesionado Rial, pensando en recuperar a forma para o choque do día 14 ante o Zamora.
Os de Quique Domínguez, que empregou ata 16 xogadores contando con algún do filial, dominaron o marcador desde o inicio do partido, con rendas que chegaron aos 4 goles na primeira metade (12-8), pero chegaron ao descanso cun marcador de 18-16 e non foi ata o segundo acto cando conseguiron romper o encontro.
Foi concretamente nos primeiros 10 minutos do segundo acto, cando os azuis lograron unha vantaxe de 8 tantos (27-19), dedicándose desde ese momento para administrar a renda.
A anécdota d a xornada foi o atraso co que comezou o amigable, debido á avaría do autocar que transportaba ao equipo portugués.
Tras este partido, a última proba para e Teucro antes da volver á a liga será a visita ao Municipal da Selección de Xapón, o vindeiro luns 9 de xaneiro (20:45 horas).
Relacionadas:
-
Prato forte para o Teucro na súa volta á competición
Por Diego Espiño |
-
Competición confirma un mes despois que Johnny Medina non será sancionado
Por Redacción |
-
Vitoria ante Xapón e boas sensacións para o Teucro (34-31)
Por Redacción |
-
O Teucro deixa atrás as vacacións de Nadal a golpe de dobre sesión
Por Diego Espiño |
-
Medina evita a sanción...de momento
Por Diego Espiño |
-
O Teucro xogará un amigable no Municipal ante a Selección Xaponesa o día 9 de xaneiro
Por Redacción |