Apuros económicos no Arxil tras a 'espantada' de Waleska Pérez
Por Diego Espiño
Ademais do problema deportivo que xerou ao equipo, a 'espantada' de Waleska Pérez deixou nunha situación económica comprometida ao Club Baloncesto Arxil, que apostara forte pola súa fichaxe o pasado verán.
O club pontevedrés, que segue buscando con insistencia un patrocinador principal, tiña medidos ao milímetros os seus gastos para a presente tempada, e agora vese obrigado a realizar un esforzo para buscar unha xogadora de garantías no posto de base coa que afrontar a segunda metade da competición.
Waleska Pérez comunicou a través do seu axente que por "problemas persoais" non retornará do seu país natal, Venezuela, rompendo así unilateralmente o contrato que lle unía co Arxil ata final de tempada.
Por ese motivo tras pagar a entidade verde os seus billetes de avión de ida e volta este Nadal, aínda que o último non o terminase usando, ademais doutros gastos derivados do seu contrato en España e a súa licenza federativa, a directiva estuda se denunciar o caso ante a Federación Internacional (FIBA) esixindo unha indemnización á xogadora por incumprimento de contrato.
Mentres isto sucede o Arxil rastrexa o mercado para atopar á substituta de Waleska coa intención de que se incorpore canto antes ao equipo, tendo en conta que a competición na Liga Feminina 2 renóvase na primeira fin de semana do ano, cun choque en Oviedo para as de Mayte Méndez o domingo 8 (12:30 horas).
Relacionadas:
-
A escolta compostelá Arantxa Mallou incorpórase ao Arxil
Por Redacción |
-
Derrota en Lugo dun Arxil que paga o seu mal inicio de partido fronte a Ensino (68-57)
Por Redacción |
-
Inicio da segunda volta para un Arxil que segue pendente do mercado
Por Redacción |
-
O Arxil afúndese no último cuarto e cae na súa visita ao pechacancelas Universidad de Oviedo (75-66)
Por Redacción |
-
Volta á competición ligueira para un Arxil que viaxa a Oviedo baixo mínimos
Por Redacción |
-
O Universitario Ferrol, demasiado rival para o Arxil no Cidade de Pontevedra (63-81)
Por Redacción |
-
O Arxil descoñece o paradoiro da venezolana Waleska Pérez tras non regresar das vacacións do Nadal
Por Diego Espiño |