Claro triunfo do Sanxenxo ante o Verín (2-0) para manterse na pelexa
Por Redacción
A solidez do Xuventú Sanxenxo foi suficiente para asegurar unha nova vitoria en Baltar de Arriba, esta vez ante o Verín (2-0), e manterse na pelexa polos postos de ascenso.
Os goles de Nel, no minuto 38, e Curri, no 73, abondaron a un conxunto amarelo pouco vistoso pero efectivo, axudado ademais pola expulsión do visitante Unai por agresión ao pouco de empezar o segundo período, que dilapidou as poucas opcións do Verín de remontar o choque.
Con estes tres puntos o Sanxenxo conserva o cuarto posto e mantinene o pulso polas dúas primeiras prazas, as de ascenso, que agora están a dous e catro puntos de distancia.
XUVENTÿ SANXENXO (2): Vladimir, Darío, Fiti, Zalo, Alfonso, Cañi (Suso, min.79), Javi, Diego Blanco, Cuchi (Minso, min.74), Nel (Deivi, min.67), Curri (Diego Vidal, min.76).
VERÍN CF (0): Piollo, Rubén, David, Víctor Gallego, Hugo, Unai, Sergio, Pablo García (Riveiro, min.82), Álex (Camba, min.46), Beto (Daniel, min.76), Eloy (David, min.82).
Árbitro: Soto Balirac (Vigo). Amonestou aos locais Cañi e Diego Vidal e aos visitantes Hugo, Víctor Gallego e Pablo García. Expulsou con vermello directo ao xogador do Verín Unai (min.53).
Goles: 1-0 Nel, min.38; 2-0 Curri, min.73.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba, Sanxenxo.