Cataluña vence a Galicia na Lomba nunha xornada de festa para o fútbol feminino
Por Redacción
Xornada de festa pero tamén de reivindicación no estadio da Lomba, Vilagarcía, na volta á actividade tras oito anos de ausencia da Selección Galega Absoluta de fútbol feminino.
O combinado galego viuse superado con claridade polo potente equipo de Cataluña (0-5), composto na súa totalidade por futbolistas que militan na Primeira División.
Galicia pola súa banda acusou en exceso as importantes baixas coas que chegaba á cita, a última a da dianteira arousá Mari Paz Vilas, que non puido gozar no campo do choque e tivo que conformarse con velo desde o banco.
Pese ao resultado final o equipo local gozou da cita, do mesmo xeito que o numeroso público asistente, preto de 4.500 espectadores segundo a Federación Galega de Fútbol.
Vero Boquete, a falta da ídolo local, foi a xogadora máis aplaudida polos afeccionados, como recoñecemento á xogadora máis internacional do fútbol galego e nacional.
En canto ao partido Cataluña dominou o xogo xa desde o inicio, aproveitando os nervios das galegas, e deixou sentenciada a contenda na primeira metade con goles de Carol Pérez, Alexia Putellas e dous de Olga García.
No segundo acto Galicia aguantou o tipo e creou algunha xogada de perigo, pero Eva Llamas terminou redondeando o marcador co quinto tanto catalán.
GALICIA (0): Ana González, Teresa Abelliera, Miriam Ríos, Nerea Carballo, Desiree Gardón, Carolina González, Verónica Boquete, Natalia de Francisco, Belén Fernández, Eva Luz e Lara Martínez. Tamén xogaron: Sheila Fernández, Carla Otero, Laura Souto, Sandra González, Patricia Carballo, María Arufe.
CATALUÑA (5): Laura Ráfols, Elba Vergés, María Estella, Eva Llamas, Olga García, Vicky Losada, Alexia Putellas, Carol Férez, Leila Ouahabi, Débora García, Paola Soldevila. Tamén xogaron: Brenda Pérez, Nuria Mendoza, Cristina Baude Esther Sullastres, Aitana Bonmatí, Alba Aznar.
Árbitro: Elena Casal asistida por Tania Fente e Alicia Andrés.
Goles: 0-1 Carol Férez (min. 5); 0-2 Aléxia Putellas (min. 9); 0-3 Olga García (min. 26); 4-0 Olga García (min. 37); 0-5 Eva Llamas (min. 68).
Incidencias: Partido amigable celebrado no campo Municipal da Lomba ante preto de 4.500 espectadores.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira asina o primeiro contrato profesional do fútbol feminino galego
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira volve contar para a Selección Española Sub-17
Por Redacción |
-
Mari Paz Vilas, gran protagonista da Gala do Fútbol Feminino Galego
Por Redacción |
-
Vero Boquete encabeza a convocatoria da Selección Galega para o seu amigable en Vilagarcía
Por Redacción |
-
A Lomba vivirá "un día de festa" co partido entre as seleccións absolutas femininas de Galicia e Cataluña
Por Redacción |