Mal partido e peor resultado para o Villalonga que perde (1-0) en Betanzos

Por Redacción
Eran máis que tres puntos en xogo. Era a posibilidade de superar o rival na táboa e abrir oco con relación aos postos de descenso, pero o Villalonga non deu o talle. No García Hermanos o Betanzos foi superior, máis por ambición e pulo que por xogo.
Os visitantes comezaron apuntando o que se supoñía debían ser as súas armas, pero duroulles pouco. Fiando a súa sorte á posibilidade dun contraataque ou dunha acción a balón parado, nas que Marc é un auténtico especialista, foi precisamente o equipo local o que conseguiría o único gol do partido nunha falta rematada por Álvaro, tras un rexeitamento.
Con moitos minutos por diante, o partido trabouse, deixando só detalles illados e unha derrota dolorosa para un Villalonga que se complica a vida con este revés.
BETANZOS, C.F. (1): Diego; Botana, Jacobo, Angeriz, César, Richi, Marcos, Javi Otero, Felipe (Álvaro, min. 45), Peloto (Vispo, min. 74) e Cata (Joel, min. 87).
VILLALONGA, F. C. (0): Roberto Pazos; Miguel, Tenorio, Saúl (Pedro, min. 73), Machu, Quini, Nelo (Javi Nogueira, min. 73), Leo, Marc, Oliveira (Fran Matos, min. 45) e Jorge Fernández.
Árbitro: Pérez Prado (Lugo). amoestou a Jacobo, Angeriz, Marcos, Vispo, Roberto Pazos, Miguel, Quini e Leo.
Goles: (1-0) Minuto 53: Álvaro.
Incidencias: Campo García Hermanos (Betanzos). 200 espectadores.