O Pontevedra Rugby Club leva o derbi ante o Mareantes
Por Cristina Saiz
O primeiro derbi pontevedrés da tempada de rugby foi para o Pontevedra Rugby Club, ao impoñerse ao Mareantes na sétima xornada da Primeira División Galega.
O PRC dominou o coque, disputado no campo de Monte Porreiro, cunha gran actuación defensiva e non deu opción ao seu rival e veciño, deixando o seu marcador a cero (19-0).
Con este resultado o Pontevedra Rugby Club consolídase ao final da primeira volta na cuarta praza con 16 puntos, sete máis que o Mareantes, quinto con 9.
A competición chega agora ao parón do Nadal e non se retomará ata o 14 de xaneiro, co PRC recibindo na casa ao Muralla e o Mareantes desprazándose a Lalín.