Marín amplía ata os 55.000 euros a contía das axudas aos clubs deportivos
Por Redacción
O Concello de Marín aprobou nos últimos días as subvencións para o práctica deporte federado, correspondentes á tempada 2015-2016.
A comisión evaluadora aprobou a solicitude de 18 entidades deportivas radicadas no municipio e que desenvolven a súa actividade semanalmente nas instalacións municipais.
Deses clubs, 17 deles presentaron á convocatoria de axudas que contaba cun orzamento de 40.000 euros.
Ademais o goberno local aumentou a contía este ano cunha subvención nominativa de 15.000 euros para o Peixe Galego, tras o seu ascenso á Liga LEB Ouro de baloncesto.
Desta forma as subvencións quedan repartidas da seguinte maneira:
CLUB DEPORTIVO | SUBVENCIÓN |
Club Peixe Galego | 15.000 euros |
Asociación Deportiva Dom+ | 3.963,30 euros |
Club Deportivo La Peña | 513,76 euros |
Club Marítimo Tambo | 1.321,10 euros |
Club Xadrez Marín | 880,73 euros |
Sociedad Deportiva Santomé | 440,37 euros |
Club In Mare | 1.614,68 euros |
Club Rítmica Ría de Marín | 1.321,10 euros |
Escuela Fútbol Vila de Marín | 1.467,89 euros |
Club Remo Ría de Marín | 3.596,33 euros |
Club Ciclista Marín | 3.743,12 euros |
Team Thunder | 2.715,60 euros |
Club Deportivo Mat's | 6.532,11 euros |
Club Deportivo Pinarium | 1.834,86 euros |
Real Club de Mar Aguete | 2.788,99 euros |
Club San Miguel | 2.862,39 euros |
Ancoradouro FS | 1.541,28 euros |
Escuelas Deportivas | 2.862,39 euros |