Malleira do Cisne ao BM Nava (30-18) para subirse ao tren de cabeza
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot
Tiña ganas de desquite o Cisne. A contundente derrota e o mal partido realizado en Torrelavega deixara aos de Jabato o desexo de que chegase pronto o seguinte partido para resarcirse dunha mala tarde, e fixérono ao grande. BM Nava pagou os pratos rotos, recibindo unha malleira nun partido moi completo dos pontevedreses, que contra o seu costume estiveron firmes e intensos en defensa, cimentando aí un triunfo que lles mete de cheo no tren de cabeza, pasando a ocupar praza de play-off de ascenso.
E iso que as noticias antes de comezar o partido non eran as mellores. O Cisne atopábase coa sensible baixa de Álex Chan, que sufriu unha escordadura de nocello no adestramento do martes e non puido saltar á pista. A súa ausencia permitiu o debut do xuvenil Álvaro Preciados, que disputou os últimos minutos, entre a ovación dos afeccionados, que celebraron como unha segunda vitoria o último gol do partido, conseguido precisamente pola nova promesa cisneísta.
Os segovianos deixaron unha pobre imaxe. Ben sexa por incapacidade propia ou porque o Cisne non lles deu opción, o partido xogouse ao ritmo que quixeron os de Jabato, excelentes nas tarefas defensivas na primeira parte, ata o punto de encaixar tan só cinco goles nos primeiros 25 minutos, e solventes nas accións ofensivas durante todo o partido.
Se algún pero pódeselle poñer aos locais sería o exceso de precipitación nalgunhas accións, que lles impediu sentenciar o partido moito antes, para despegarse definitivamente, despois de madurar ao rival nun primeiro tempo no que Pablo Galán volveu render a un nivel sobresaliente, facendo bo o traballo dos seus compañeiros.
Da man de David Chapela, o Cisne foi sempre por diante, con vantaxes que alcanzaron os cinco goles e que quedarían lixeiramente reducidas ao descanso (12-8), máis polas precipitacións antes comentadas, que por acertos do conxunto segoviano.
O ofrecido na segunda parte foi un recital dos de Jabato. Cun BM Nava impotente nas súas accións de ataque, o Cisne foi ampliando paulatinamente a vantaxe, que non deixou de crecer en cada parcial, ata terminar conseguindo un triunfo convincente, amplo e merecido.
BM CISNE LOS SAUCES (30): Pablo Galán; Adrián Menduiña (2), Javi Vázquez (3, 1 de penalti), Carlos Pombo (5), Iago Cuadrado (3), David Chapela (6), Guille Rial (3) -sete inicial-, Toño Lafuente (p.s.); Xosé Canedo (2, de penalti), Pablo Picallo (3), Fabián González, Miguel Simón, Pablo Gayoso (1), Pepe Camiña (1), Alejandro Conde e Álvaro Preciados (1).
BM NAVA (18): Miranda; Juárez (3, 2 de penalti), Villagrán (5), Zurri, Tello (1), Andrés (1), Llopis (3) -sete inicial-, Samuel (p.s.) (1); Sergio, Daniel Simón (1), Bruno (2), Cebollita (1), Buji, Javier Gutiérrez e Candau.
Árbitros: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López (Galicia). Excluíron dous minutos a Pablo Picallo, Miguel Simón, Carlos Pombo (2) e Iago Cuadrado, polo Cisne, e a Tello e Javier Gutiérrez, polo BM Nava.
Marcador (cada cinco minutos): 3-1, 4-2, 6-3, 8-4, 10-15, 12-8 (descanso), 15-11, 18-12, 22-15, 23-15, 25-16 e 30-18 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 250 espectadores.
Relacionadas:
-
Pablo Galán e un enorme Cisne apean o Zamora do liderado (22-21)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Cisne encoméndase ao Municipal para recibir ao líder Zamora
Por Diego Espiño |
-
O Cisne exhibe a súa "cara B" a domicilio e cae en Zarautz (26-24) fronte a Amenabar
Por Redacción |
-
O País Vasco espera a un Cisne que quere manterse na pomada
Por Redacción |
-
O Cisne, a recuperar o seu nivel ante o Nava
Por Redacción |
-
Dura derrota dun Cisne ao que non lle saíu nada en Torrelavega (33-23)
Por Redacción |
-
Teucro e Cisne buscan prolongar o seu bo momento na liga
Por Redacción |
-
Festival ofensivo do Cisne, que non dá opción ao Tolosa (40-35) e segue crecendo na liga
Por Diego Espiño & Diego Torrado |