A semana máis complicada para o Peixe Galego
Por Redacción
Sen apenas tempo para dixerir a avultada derrota en Palencia (94-61) ante o actual campión da liga LEB Ouro, o Peixe Galego recibe este martes (21:00 horas) a outro dos equipos da zona alta da clasificación.
Os marinenses enfrontaranse na Raña ao Actel Força Lleida, sexto clasificado pero a só un triunfo do liderado, que xa ocupou esta tempada.
O cadro catalán, iso si, chega a Marín despois de tres derrotas consecutivas. De todos os xeitos os de Javi Llorente necesitarán recuperar a súa mellor versión, especialmente en defensa, para buscar un triunfo que lles afaste dos postos de descenso.
No aspecto positivo, o Peixe deixou atrás a praga de lesións que minguou o seu rendemento nalgunhas xornadas, xusto nunha semana que é unha das máis esixentes da tempada, xa que este venres (20:45 horas) volverán ter partido de liga na cancha do poderoso Breogán de Lugo, actual líder da competición.
Relacionadas:
-
O Breogán fai valer o seu potencial para superar con comodidade ao Peixe Galego (88-66)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego só aguanta un cuarto ante o Lleida (62-85)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego, sen opción en Palencia (94-61)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego, un equipo MVP
Por Redacción |
-
Remontada do Peixe Galego para impoñerse ao Cáceres (77-68)
Por Redacción |