O Peixe Galego, sen opción en Palencia (94-61)
Por Redacción
Viaxou o Peixe Galego a Palencia, á cancha do actual campión da LEB Ouro, coa intención de xogar sen complexos, pero o Quesos Cerrato Palencia foi demasiado rival (94-61).
Saíu con forza o Peixe, e nos primeiros minutos parecía dar guerra ao cadro local, que aos poucos foi espertando para terminar xa en vantaxe o primeiro cuarto (20-13).
A clave estivo no demoledor segundo parcial, de 32-19, que rompeu o partido en toda unha demostración de poderío ofensivo, especialmente da man de Dani Rodríguez e Jhornan Zamora.
A defensa dos de Javi Llorente non puido conter a avalancha, e o ataque nesta ocasión non foi capaz de manter ao equipo, só con Miso e Derksen en dobre díxito.
A pesar de tentar en todo momento recortar distancias, o acerto desde a liña de 6,75 do Palencia cortou calquera esperanza, cun 52% de acerto fronte ao 19% dos marinenses.
Tras esta derrota, o Peixe prepárase para enfrontarse en poucos días a outros dos máximos favoritos da competición, o Actel Força Lleida e o Breogán.
Consulta aquí as estatísticas do Quesos Cerrato Palencia-Marín Peixe Galego.
Relacionadas:
-
O Breogán fai valer o seu potencial para superar con comodidade ao Peixe Galego (88-66)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego só aguanta un cuarto ante o Lleida (62-85)
Por Redacción |
-
A semana máis complicada para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Peixe Galego, un equipo MVP
Por Redacción |
-
Remontada do Peixe Galego para impoñerse ao Cáceres (77-68)
Por Redacción |
-
Outra derrota axustada para un combativo Peixe Galego en Burgos (69-67)
Por Redacción |