O Peixe Galego, un equipo MVP
Por Redacción
Abonouse o Marín Peixe Galego, na súa tempada do trinque na LEB Ouro, a figurar no quinteto ideal da xornada, especialmente nos que se refire ao xogador máis valioso (MVP).
Nas dez primeiras xornadas da competición o club 'peixe' logrou esta distinción en catro ocasións, unha de Andrés Miso e tres de Jason Cain, a última esta mesma semana.
O pivot norteamericano asinou 28 puntos de valoración, con 18 puntos e 7 rebotes, pero a diferenza de en ocasións anteriores serviu para que o equipo marinense sumase unha importante vitoria ante o Cáceres.
"En esta ocasión me siento realmente satisfecho de que haya podido servir para ayudar al equipo a ganar y tan sólo espero poder mantener esta regularidad de cara a las próximas jornadas donde nos vienen de nuevo partidos muy complicados y en los que vamos a tener que dar lo mejor de nosotros para poder ganar", sinalou Cain en declaracións á Federación Española de Baloncesto.
Unha das claves para conseguir o terceiro triunfo da tempada, que coloca ao Peixe cunha vitoria de marxe sobre o descenso, estivo en contar "al fin al equipo al completo", tras varias semanas lastrados polas lesións e así "fuimos capaces de completar uno de nuestros mejores partidos", recoñeceu o flamante MVP.
Ademais de Jason Cain e Andrés Miso, tamén Derksen figurou xa nalgunha ocasión no quinteto ideal de LEB Ouro, demostrando que a dirección do Peixe Galego non se equivocou nas fichaxes nunha tempada na que esperan lograr a permanencia na categoría.
O vindeiro venres (21:00 horas) o equipo marinense visitará a complicada cancha do Quesos Cerrato Palencia, quinto clasificado.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego só aguanta un cuarto ante o Lleida (62-85)
Por Redacción |
-
A semana máis complicada para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Peixe Galego, sen opción en Palencia (94-61)
Por Redacción |
-
Remontada do Peixe Galego para impoñerse ao Cáceres (77-68)
Por Redacción |
-
Outra derrota axustada para un combativo Peixe Galego en Burgos (69-67)
Por Redacción |