O Triatlón Moto Bike consegue un podio por equipos en categoría feminina na estrea da tempada de dúatlon
Por Redacción
O Triatlón Moto Bike de Pontevedra arrancou a tempada de dúatlon de estrada en Lugo cun meritorio podio por equipos en categoría feminina grazas aos tempos de Rocío Porto, Marga Villanueva e Tatiana Domínguez, mentres o bloque masculino logrou o sexto mellor posto cos rexistros de Eladio Ramos, Manuel Barciela e Gonzalo González.
O club pontevedrés desprazou a máis de 20 deportistas nas diferentes categorías a unha proba que se adxudicaron Gustavo Rodríguez, do Club Fluvial Lugo, e Camila Alonso, do Triatlón Ferrol, nun percorrido de 5 quilómetros de carreira a pé, 20 en bicicleta e 2,5 de novo a pé.
O Triatlón Moto Bike fixouse como obxectivo a clasificación do maior número de deportistas para o Campionato de España de Dúatlon que acollerá Pontevedra no mes de abril.