Duro golpe para o Marín ante o Arenteiro (2-1) no tempo de desconto
Por Redacción
O Marín deixou pasar unha grande ocasión para achegarse aos postos de permanencia despois de caer ante un rival directo como o Arenteiro (2-1) do xeito máis cruel, cun gol na última xogada do partido.
Adiantouse o equipo adestrado por Toño Lodeiro cun gol de Adrián ao pouco de empezar o encontro pero pronto empataron os do Carballiño por mediación de Iglesias e a pesar de contar o Marín con ocasións para levarse os tres puntos, a balanza inclinouse do lado local no minuto 96 grazas de novo a Iglesias, que aproveitou un saque en longo do seu porteiro.
O conxunto marinense, con esta derrota, segue a catro puntos de distancia do Verín, equipo que marca a zona de permanencia.
CD ARENTEIRO (2): Macía, Xurxo, Gabri (Iago, min.90), Carlos, Dabarca, Pablo, Kennedy, Álex, David Soares (Prada, min.77), Sotelo (Tacón, min.92), Iglesias .
MARÍN CF (1): Pabl, Javi Doce, Fumero, Tinaia, Hayk (Romero, min.45), Alfonso, André (Solla, min.94), Joaquín (Dani, min.45), Eric (Manuel, min.81), Villaverde, Agus.
Árbitro: Diego Rodríguez (Santiago). Amonestou aos locais Pablo e Pachi (porteiro suplente) e a los visitantes Javi e Manuel.
Goles: 0-1 Adrián, min.9; 1-1 Iglesias, min.31; 2-1 Iglesias, min.96.
Incidencias: Partido disputado no campo do Espiñedo, Carballiño.