Peche con sabor ruso no V Torneo Internacional Junior de Tenis
Por Redacción
Despois dunha intensa e animada semana de competición o V Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Pontevedra chegou ao seu fin nas pistas do Casino Mercantil en Mourente.
A choiva da fin de semana non detivo as roldas finais, que se puideron celebrar nas pistas cubertas e nas que destacaron os tenistas rusos, ao levantar o torneo nas categorías feminina e masculina individual.
A xornada de domingo arrincou coa final feminina, na que a batalla polo título durou 2 horas e 45 minutos decidíndose a favor de Varvara Gravecha, que se impuxo á cabeza de serie número un, a húngara Panna Udvardy, en tres mangas (6-4, 4-6 e 7-5).
Tras este partido disputouse a final masculina, que tivo un guión oposto ao ser dominada de principio a fin polo ruso Alen Avidzba ante o checo Michael Vrbensky (6-3 e 6-3).
En dobres os gañadores foron a alemá Irina Cantos e a suíza Simona Walter en categoría feminina e os rusos Tomofey Skatov e Alen Avidzba, que fixo dobrete en Pontevedra.
Finalizado este torneo toma a testemuña, ata o vindeiro domingo 23 de outubro, o Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo co seu XV Torneo Internacional Junior.
Relacionadas:
-
O futuro do tenis internacional cítase no ITF de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O tenis internacional despídese de Sanxenxo tras as finais do torneo cadete
Por Redacción |
-
Os tenistas galegos dan o callo no IX Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Vibrante peche do XV Torneo Internacional Junior ITF de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Torneo Internacional Junior ITF de Sanxenxo achégase ás súas roldas finais
Por Redacción |
-
O V Torneo Internacional Junior de Tenis inicia a súa fase final no Mercantil
Por Redacción |
-
Inscrición de nivel no V Torneo Internacional Junior de Tenis
Por Diego Espiño |
-
Convenio entre Concello e Mercantil para consolidar o Torneo Internacional Junior de Tenis
Por Diego Espiño |