O Ribadumia imponse (2-1) a un Xuventú Sanxenxo que perde forza na pelexa polo ascenso
Por Redacción
A maior efectividade do Ribadumia decidiu o choque na Senra (2-1) ante un Xuventú Sanxenxo que segue a tiro de pedra dos postos de ascenso pero que ve freadas as súas aspiracións.
O partido, moi igualado, decidiuse na segunda metade. Primeiro cun tanto de falta directa de Fran Castaño e despois coa definición de Changui. O Sanxenxo recortou distancias a falta de catro minutos grazas a Nel pero, a pesar de xogar en superioridade os últimos minutos, non foi capaz igualar o marcador.
Con este resultado o Ribadumia mantense en metade de táboa a dez puntos dos postos de ascenso directo, uns postos que se afastan para os amarelos despois de lograr tan só unha vitoria nos últimos catro encontros. Agora, os de ÿscar García son cuartos a dous puntos do segundo, o Gondomar.
CD RIBADUMIA (2): Juanjo, Borja, Santos, Lucas, Manuel Ángel, Chiqui, Berto (Fran Castaño, m.45), Chiño, Fernando, Manu, Changui.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Vladimir, Lalo (Diego Vidal, m.77), Darío (Minso, m.72), Fiti, Alfonso, Deivi (Suso, m.61), Diego Blanco, Javi, Cuchi (Nel, m.66), Curry, Cañi.
Árbitro: Correa Caballero (Vigo). Amonestou aos locais Fran, Borja, Santos e Fernando e ao visitante Javi. Expulsou por dobre amarela ao local Fernando (min.85).
Goles: 1-0 Fran Castaño, min.51; 2-0 Chanqui, min.70; 2-1 Nel, min.86.
Incidencias: Partido disputado no campo da Senra, Ribadumia.