Vitoria sen brillo (2-1) do Pontevedra xuvenil ante o C.D. Lugo
Por Redacción
Non foi un partido brillante, pero o Pontevedra xuvenil conseguiu unha importante vitoria fronte a un sempre complicado rival como o C.D. Lugo e ademais fíxoo remontando un marcador adverso, sumando tres puntos moi valiosos que lle permiten manter afastados aos equipos que pugnan cos granates por manter a categoría.
A primeira parte non tivo un dominador claro. Os dous equipos careceron de fluidez no seu xogo e apenas crearon ocasións de serio perigo, a excepción dos goles. Javi Rey adiantaba os lucenses no marcador, pero Buba empataría dez minutos máis tarde.
Na reanudación o Pontevedra levou a iniciativa, superando lixeiramente o seu rival, o suficiente para anotarse o triunfo tras un gol de Pibe que deixou sen resposta ao equipo visitante.
PONTEVEDRA, C.F. (2): Lucas; Puyi, Marou, Emilio, Bruno; Tomás, Kevin (Jovi, min. 62); Dani (Jaime, min. 55), Buba (Nico, min. 85), Ángel (Quique, min. 72); e Pibe.
C.D. LUGO (1): Manu; David, Veiga, Ross, Palas; Varela (Gabri, min. 80), Javi Rey (Keko, min. 72); Iván, Pedrosa (Fran, min. 60), Amadeo; e Márquez (Mario, min. 60).
Árbitro: Vidal Araújo (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Lois e Pablo González. Amoestou Tomás, Ángel e Quique.
Goles: (0-1) Minuto 25: Javi Rey. (1-1) Minuto35: Buba. (2-1) Minuto 72: Pibe.
Incidencias: Sintético de A Xunqueira (Pontevedra). Uns 150 espectadores.