Adba Avilés dá a sorpresa en Fontecarmoa e lévase a vitoria (51-66) ante un descoñecido Feel Cortegada
Por Redacción
Nada facía pensar que o Feel Cortegada fose a deixarse o liderado ás mans do viceúltimo da categoría, pero o conxunto de Vilagarcía estivo absolutamente desafortunado no lanzamento exterior, asinando un lamentable 1 de 18 nos lanzamentos triplos e acabo caendo ante un Abda Avilés limitado, pero que soubo tirar proveito da mala tarde do equipo local.
Os dous equipos presentáronse en Fontecarmoa cos seus equipos moi minguados e só sete xogadoras dispoñibles. O Feel Cortegada, con moitos problemas de anotación nas últimas xornadas, encaixou nada menos que 23 puntos no primeiro cuarto, un tenteo que foi unha lousa insalvable para o resto do partido.
FEEL CORTEGADA (51): Montse Gilabert (4), Salomé García (9), Ilenia Manzanares (16), Lucía Mñendez (2) e Andrea Ríos (7) -equipo inicial-, Nana (5) e Amy Sill (8).
ADBA AVILÿS (66): Belén Mejías (2), Pamela Moral (12), Anna Boleda (20), Abreu (12) e Njonkou (14) -equipo inicial-, Fernández e Irene Solís (6).
Árbitros: Pazos e Zabaleta. Sen eliminadas.
Marcadores parciais: 9-23, 14-12 (23-35, descanso), 12-14 (35-49) e 16-17 (51-66, final).
Incidencias: Pavillón de Fontecarmoa (Vilagarcía). Uns 200 espectadores.