Salvou os mobles ao final o Cisne (29-28) nun discreto partido fronte ao Lavadores
Por Redacción
Non foi o mellor día do Cisne e non obstante os xogadores de Milucho Pintos conseguiron salvar a papeleta na recta final do seu partido ante o Lavadores despois dunha primeira metade igualada e un comezo de segundo tempo enchido de erros.
Cando todo parecía perdido para os pontevedreses, que seguen acusando en exceso a baixa de Pablo Domínguez, nos últimos dez minutos de partido produciuse a reacción local e con 22-26 no marcador, un parcial de 7-0 conseguía darlle a volta ao resultado e romper así o refacho negativo dos últimos partidos.
CLUB CISNE (29): Toño Lafuente; Pablo Picallo (2), Martín Iglesias (5), Alberto Casares (7), Javi Vázquez (1), Pachi Dacosta (2), Adrián Freiría (5) -sete inicial-, Pablo Galán (p.s.), Bruno Montesinos, Andrés Sánchez, Edu Covelo (2), Pablo Rey (2), Miguel Simón e Dani Puente (3).
LAS CINCO JOTAS LAVADORES (28): Chori; Mario Alonso (3), Yago Rivas, Fernando Fernández (10), Álex Tsybanev (2), Marcos (1), ÿscar (5) -sete inicial-, Dani (p.s.) (1), Borja, Joserra (1), Toni (2) e David Alves (3).
Árbitros: Lucas Crespo Gómez e Pablo Álvarez Vázquez. Descualificaron directamente a Toni no minuto 59. Excluíron por dous minutos a Javi Vázquez, Miguel Simón, Pachi Dacosta, Yago Rivas, Joserra, Marcos e Toni.
Marcador (cada cinco minutos): 2-4, 5-7, 9-9, 11-11, 13-12, 16-15 (descanso), 18-19, 18-20, 21-23, 22-27, 26-27 e 29-28 (final).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Ao redor de 130 espectadores.