Javier Barrios: "Imos ver se nos despachos e na pista conseguimos ser un equipo campión"
Por Diego Espiño
O sábado, 20:00 horas, a Sociedade Deportiva Teucro recibe no Municipal ao Balonmán Torrelavega. Será a estrea do equipo pontevedrés ante a súa afección esta tempada.
A pesar da boa imaxe dada en Barcelona, Javier Barrios mantén como obxectivo principal do ano lograr a permanencia na segunda categoría do balonmán nacional.
Despois do primeiro partido, cales son as sensacións que che deixa o equipo?
Aínda que din que hai derrotas doce eu creo que estas son as máis amargas. ÿ unha oportunidade perdida de puntuar. Agora toca facer borrón e conta nova e pensar no Torrelavega.
"Hai que ser cauteloso, puxemos o listón do nivel moi alto no primeiro partido"
Estívose preto de puntuar na pista do actual campión da categoría.
Nese aspecto a satisfacción e a autoestima os xogadores teñen que tela ao 100%. ÿ un reforzo positivo importante, sobre todo se consolidamos esa actuación o próximo sábado. Entón estaríanos a dicir que estamos no bo camiño e que imos chegar a bo porto, pero hai que ser cauteloso, puxemos o listón do nivel moi alto no primeiro partido.
Que posibilidades lle ves ao equipo?
O noso obxectivo é manternos e dentro diso facelo o mellor posible, para iso adestramos todo o ano. Nós temos que traballar a diario para que o equipo estea ben semana tras semana e actuar sempre coa mesma motivación que contra a Barcelona.
ÿ unha tempada estraña, con poucos partidos. O feito de non sumar pronto pode lastrar o que se vexa abaixo na clasificación?
Aínda que fagas as cousas ben, poden verse esvaídas por actuar con nervios, con tensión, pola busca de resultados. Esperemos que cheguen pronto para estar tranquilos, se chegan o sábado pois xa mellor.
"Temos como club unha serie de dificultades. Imos ver se non nos lastran ao longo da tempada"
ÿ ousado falar a día de hoxe máis que de permanencia?
Hai que ir partido a partido. Agora esa é a nosa meta. Hai equipos que se reforzaron moito e nós temos como club unha serie de dificultades. Imos ver se non nos lastran ao longo da tempada.
Falas de dificultades. Os problemas económicos da entidade pódenvos influír?
Imos ver se nos despachos e na pista conseguimos ser un equipo campión.