Galaico e Amencer renovan a súa colaboración para fomentar a natación inclusiva
Por Redacción
Os usuarios da asociación de persoas con dano cerebral Amencer-Aspace poderán seguir usando as instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur.
O Club Natación Galaico e a asociación renovaron o seu convenio de colaboración polo que Amencer poderá facer uso da piscina do complexo desde o mes de Outubro de 2016 ata o 31 de Maio de 2017 de forma totalmente gratuíta.
Os usuarios do a asociación poderán utilizar a piscina os venres de 10:15 a 11:45 horas, sen limitación de aforamento, para facilitar o seu acceso á práctica deportiva.
Os gastos derivados do iso da piscina serán custeados polo Club Natación Galaico e o Instituto Municipal de Deportes.