Íker Alegre operado con éxito
Por Ramiro Espiño
O xogador granate, Íker Alegre, foi intervido cirurxicamente con éxito na tarde deste venres no Hospital Miguel Domínguez, para solucionar a rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, lesión que se produciu no partido disputado fronte ao Real Racing, en Santander.
Tras a intervención, os servizos médicos do Pontevedra emitiron o correpondiente parte sobre o estado do xogador, no que se indica que "se implanta plastia autóloga de tendóns de pata de galo. Non se apreciaron outras lesións no xeonllo salvo a rotura do LCA durante a operación".
A intervención foi levada a cabo polos doutores Barragans e Costas, procedendo a "a reparación do ligamento afectado, que se desenvolveu sen complicacións".
Sempre segundo o referido parte médico, "o xogador será dado de alta en tres ou catro días e o tempo de baixa aproximado para a reincorporación deportiva oscilará entre os seis ou oito meses".
Tras a intervención, e xa descansando na súa habitación, o xogador mostrábase optimista e mesmo declaraba a PontevedraViva que a súa intención era recibir o alta hospitalaria o domingo pola mañá, para poder acudir pola tarde a Pasarón a presenciar o partido contra o Izarra e animar aos seus compañeiros.
Relacionadas:
-
O Pontevedra bota o ferrollo a Pasarón
Por Diego Espiño |
-
A paciencia dun Pontevedra serio pode co muro do Izarra (2-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Tres puntos para reengancharse ao vagón dianteiro
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra paga o seu conformismo ante un Celta B que xoga máis dunha hora en inferioridade (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra segue adiante na Copa Federación ao vencer con autoridade ao Ribadumia (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Iker Alegre xa pensa en acurtar prazos na súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pasa de poder golear a terminar pedindo a hora fronte ao Palencia (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |