'Gladiadores' da BRILAT e campións do Mundo por equipos
Por Redacción
A Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (BRILAT) con base en Pontevedra conta nas súas filas cuns auténticos 'gladiadores', convertidos desde esta fin de semana ademais en campións do Mundo.
O equipo 'Los Vengadores', formado por soldados da Brigada Galicia, impúxose en Londres no OCR World Team Championships, campionato mundial de carreiras por obstáculos, a semellanza da Gladiator Race que se organiza desde hai dous anos en Pontevedra.
Auga, barro, obstáculos naturais ou suspendidos no aire, onde o traballo en equipo era fundamental, foron algunhas das dificultados que tiveron que superar nos 10 quilómetros de percorrido.
O equipo da BRILAT estaba composto polos soldados Alberto Dos Reis González, Omar Ruda Orozco, Jesús Montoto Vazquez e Cristhian Zarta Muñoz, e alcanzou a meta co menor tempo de todos os particpantes, en 50 minutos e 2 segundos.
A competición celebrouse nas inmediacións do londiniense Pippingford Park.
O segundo posto foi para outro equipo español, 'El Naturalista Team' de Navarra, actual líder da liga nacional OCR, mentres en terceiro lugar concluíu o equipo holandés 'Spartan Fit'.