O Arxil, superado en Copa Galicia ante un Cortegada máis eficaz
Por Redacción
Moito traballo ten por diante o Arxil para chegar na mellor forma posible ao comezo da Liga Feminina 2.
O equipo pontevedrés tivo moitos problemas en ataque no seu primeiro partido de pretempada, de Copa Galicia ante o Cortegada (43-57).
O conxunto arousán, máis rodado, dominou o electrónico desde os primeiros minutos e marchou ao descanso cunha clara vantaxe (20-33).
Mayte Méndez puido dar os primeiros minutos da tempora á malí Minata Keita, recentemente incorporada aos adestramentos, pero aínda espera a chegada de Waleska Pérez, chamada a levar boa parte do peso ofensivo do equipo.
A venezolana espera recibir nos próximo días o permiso de traballo para viaxar a Pontevedra e unirse á pretempada arxilista.
Relacionadas:
-
O Arxil despide a pretempada cunha axustada derrota ante o Celta
Por Redacción |
-
O Arxil afronta a recta final da pretempada
Por Redacción |
-
Melloría do Arxil para despedirse con triunfo da Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil prepara o seu debut en Copa Galicia sen as súas dúas fichaxes estrela
Por Redacción |
-
O filial do Arxil reármase para unha nova tempada
Por Redacción |
-
O Arxil deixa atrás as vacacións e comeza a preparar unha ilusionante tempada
Por Diego Torrado & Redacción |