O Teucro empezará a liga en Príncipe Felipe polo atraso das obras no Municipal
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
O atraso nos traballos de substitución da cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes obrigará á Sociedad Deportiva Teucro a xogar o seu primeiro partido da tempada como local en Príncipe Felipe.
As obras no Municipal "levan un certo atraso pola tardanza en chegar os materiais, como dunha ou dúas semana", recoñeceu este martes nunha visita á instalación a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, aínda que "van evolucionando positivamente".
Pese ao atraso acumulado "a empresa vai en prazo", recoñece a edil, xa que tempo de execución de dous meses se iniciaba coa chegada do material, que non estivo dispoñible ata os últimos días de xullo.
"Se non sucede nada podemos tela a finais de setembro, se pode ser antes estupendo pero temos que ser concientes da complexidade da obra", sinalou Riveiro.
Este contratempo estaba xa contemplado como unha posibilidade polo Teucro, que solicitou á Federación Española empezar a liga fóra de casa para gañar unha semana de prazo. A pesar diso non será suficiente e deberán xogar nunha pista alternativa, Príncipe Felipe, o choque da segunda xornada ligueira ante o Covadonga, o día 18 de setembro.
Se se cumpren os prazos os azuis poderán volver á normalidade na xornada 4, ante o Tolosa, fixada para o 9 de outubro, pero ante a posibilidade de que xurdan novos atrasos decidiron asegurarse as horas de pista en Príncipe Felipe tamén para este partido e para o do día 16 de outubro ante o Nava.
Ademais, para aclimatarse ás condicións desta instalación, a intención do club é disputar alí un dos seus partidos de pretemporada, concretamente o do día 25 de agosto ante o Avanca portugués.
Relacionadas:
-
As obras no Pavillón Municipal entran na súa recta final
Por Alejandro Espiño |
-
O Teucro mantén prezos nunha campaña de socios coa que espera consolidar o seu número de abonados
Por Diego Espiño |
-
Sorte dispar para Teucro e Cisne nos seus amigables de pretemporada
Por Redacción |
-
Grave lesión de Rial, que estará preto de seis meses de baixa
Por Redacción |
-
Teucro e Asmubal Meaño asinan un acordo de filialidade
Por Redacción |
-
A fichaxe de Óscar Silva pon a puntilla ao plantel do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Ollo coas planchas da cuberta do Pavillón!
Por Redacción |
-
Empezan a retirar a vella cuberta do Pavillón Municipal
Por Redacción |