Exitosa estrea en Raxó da Travesía a nado Concello de Poio
Por Diego Torrado
Sobresaliente estrea da Travesía a nado Concello de Poio, celebrada este domingo en Raxó.
Preto de 200 nadadores completaron a proba entre as categorías absoluta (2.000 metros), e as carreiras de menores, máis reducidas en distancia.
Francisco Covelo foi o máis rápido na carreira elite masculina, cun tempo de 25 minutos e 12 segundos, seguido de David Rodríguez e Alberto López.
En categoría feminina a vencedora foi María Ferreira (27:58), escoltada no podio por Sandra Vidal e María Marques.