Vitoria importante do Xuventú de Sanxenxo (2-1) fronte a un rival directo como o Choco
Por Redacción
O Sanxenxo reencontrouse con si mesmo cando máis o necesitaba. Fronte a un rival directo e en clara liña ascendente como o Choco gañou con máis autoridade da que reflicte o mínimo marcador final, tras malograr un bo número de ocasións para poder sentenciar o partido mesmo antes do descanso.
Cunha saída fulgurante, o equipo local pasou por enriba dun Choco incapaz de frear o vendaval amarelo. Diego Blanco, que reaparecía, asinou un gran partido e logrou o primeiro gol nun excelente remate de cabeza tras unha falta lanzada por Fiti. Apenas dous minutos despois Cuchi facía o segundo despois dunha xogada entre o propio Diego Blanco e Cañi.
Para que non faltase nada, os erros locais no remate víronse acompañados polo desacerto arbitral, que pasou por alto un penalti en cada área.
Sen tempo para máis, o Choco recortaría distancias no desconto, xusto despois de que Rubén tivese malogrado unha ocasión clara para facer o terceiro do Sanxenxo.
XUVENTÿ SANXENXO (2): Vladimir; Darío, Fiti, Zalo, Alfonso; Deivi (Rubén, min. 85), Diego Blanco (Borja, min. 80), Cañi, Cuchi (Suso, min. 75); Álex Galdames (Minso, min. 72) e Curri.
C.D. CHOCO (1): Cortegoso; Arias, Saúl, Molinos (Cris, min. 46), ÿscar (Julio, min. 77); Manu Lojo (David, min. 77), Michel, Negro, Caloi; Dieguito (Buján, min. 46) e Chus.
Árbitro: Martínez Barral (Santiago). Amoestou a Diego Blanco, Manu Lojo, ÿscar, Saúl e Negro.
Goles: (1-0) Minuto 13: Diego Blanco. (2-0) Minuto 15: Cuchi. (2-1) Minuto 92: Chus.
Incidencias: Campo de Baltar de Arriba (Sanxenxo). 200 espectadores.