Chegan os Xogos: Así será o camiño dos pontevedreses en Río 2016
Por Diego Espiño
Os deportistas pontevedreses que participarán nos Xogos atópanse xa en Río de Janeiro gozando do ambiente olímpico e os nervios previos a unha gran competición.
Pero todos eles deberán esperar para entrar en competición, xa que aínda que a cerimonia de inauguración celébrase este venres, non será ata o mércores 10 de agosto cando debute o primeiro dos nosos deportistas.
A honra recaerá en Fernando Echávarri, que ás 18:00 horas (hora española), tomará parte na primeira das regatas previstas no Nacra 17 de vela, no que comparte equipo coa canaria Tara Pacheco. Por diante terán catro días de competición (10, 11, 13 e 14 de agosto) con 12 regatas previstas antes da Medal Race do martes 16 de agosto.
Tamén en vela, pero na clase 49er FX, competirá Támara Echegoyen xunto á cántabra Berta Betanzos. O seu debut producirase o venres 12 de agosto (18:00 horas en España) no campo de regatas da Baía de Guanabara. Deberán afrontar 12 regatas clasificatorias, tres por día (12, 13, 15 e 16 de agosto), coa esperanza de chegar coas súas opcións intactas á Medal Race do xoves 18.
O mesmo día que se estrea Echegoyen entrará en escena o atletismo no Estadio Olímpico. Será o día no que o cubano afincado en Pontevedra Frank Casañas afronte a clasificación en lanzamento de disco (14:30 hora española), do mesmo xeito que o marinense Jean Marie Okutu en salto de lonxitude (2:20 horas da madrugada do sábado 13 en España), na que será a súa primeira participación nuns Xogos. En caso de clasificarse para a final Casañas pelexaría polas medallas o 13 de agosto a partir das 15:50 horas (hora española) e Okutu o mesmo día faríao na lonxitude, aínda que xa sería a partir da 1:50 horas do domingo 14 en España.
Pola súa banda o piragüismo inicirá a actividade olímpica o luns 15 de agosto, coa canguesa Teresa Portela nas eliminatorias do K-1 200 metros ás 14:38 horas en España. Se avanza na competición a semifinal será o mesmo día desde as 16:00 horas, mentres a final está fixada para un día despois, o 16 de agosto, ás 14:47 horas na Península.
Tamén en piragüismo, o cangués Rodrigo Germade competirá no K-4 1.000 metros no que tamén figura o tudense Óscar Carrera, coas premilinares o venres 19 ás 14:51 horas en España e as semifinais unha hora despois. A final está fixada para as 15:12 horas do sábado 20.
A mala fortuna impide completar esta lista de deportistas olímpicos con Javier Gómez Noya en tríatlon, debido a unha inoportuna lesión, pero na mesma proba participará un triatleta que a pesar de ser talaverano, vive e adestra na cidade de Pontevedra desde hai anos, como é Fernando Alarza. A súa proba, o tríatlon, disputarase o xoves 18 de agosto a partir das 16:00 horas en España.
Relacionadas:
-
Okutu queda a 10 centímetros da final de lonxitude
Por Redacción |
-
Debut no Top-10 para Támara Echegoyen e Berta Betanzos
Por Redacción |
-
Frank Casañas, fóra da final olímpica en lanzamento de disco
Por Redacción |
-
Echávarri e Pacheco, lonxe dos primeiros postos
Por Redacción |
-
Complicado arranque de competición para Fernando Echávarri e Tara Pacheco en Río
Por Redacción |
-
Un garda civil de Pontevedra, no dispositivo de seguridade de Río 2016
Por Natalia Puga |
-
Axuda de 8.000 euros para cada un dos deportistas olímpicos da provincia
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen pon rumbo a Río: "Tengo las mismas sensaciones que antes de Londres"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Patrocinio olímpico dunha cidade "orgullosa" dos seus deportistas
Por Diego Espiño |