Balenciaga e Víctor Rodríguez abonan a cláusula de rescisión e desvincúlanse oficialmente do Teucro
Por Redacción
Era un trámite pero que aínda non se cumprira, polo que os seus dereitos federativos seguían pertencendo á Sociedad Deportiva Teucro.
Erik Balenciaga e Víctor Rodríguez abonaron nas últimas horas as súas respectivas cláusulas de rescisión, desvinculándose oficialmente do club pontevedrés.
A pesar de que tanto Balenciaga como Víctor foran presentados cos seus novos equipos, Anaitasuna e Atlético Valladolid respectivamente cos que xogarán na máxima categoría, faltaba por pagar o estipulado nos seus contratos.
O caso do central vasco arrastraba certa polémica desde final de liga, xa que pretendía rebaixar a cantidade de 5.000 euros pactada hai un ano e que foi a finalmente abonada o martes polo xogador. Víctor pola súa banda cumpriu con este proceso o pasado sábado.
Tras confirmar este aspecto, o Teucro quixo "agradecerlles o traballo realizado coa camiseta azul", á vez que lles desexou "sorte na súa nova aventura".
Relacionadas:
-
Grave lesión de Rial, que estará preto de seis meses de baixa
Por Redacción |
-
Teucro e Asmubal Meaño asinan un acordo de filialidade
Por Redacción |
-
A fichaxe de Óscar Silva pon a puntilla ao plantel do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro ponse a traballar co obxectivo de "ganarnos el cartel de favorito"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Zamora-Teucro e Cisne-Gijón na primeira xornada da División de Honra Prata
Por Diego Espiño |