A fichaxe de Óscar Silva pon a puntilla ao plantel do Teucro
Por Diego Espiño
Só un día despois de iniciar a pretempada e a pesar de que club e técnico daban nese momento o plantel por pechado, os azuis anunciaron este martes a contratación dun novo xogador.
Trátase de Óscar Silva, xogador vigués de 21 anos que chega procedente do Academia Octavio, como antes fixeron varios dos seus compañeiros no club olívico.
Incorporarase aos adestramentos do equipo este mércores ás ordes dun Quique Domínguez que o define como "versátil, sobre todo en ataque e que nos axudará en distintos postos da primeira liña", sinalou.
Silva xogou as dúas últimas campañas no Octavio tras pasar anteriormente polo Chapela, club no que debutou na División de Honra Prata, e a canteira do Lavadores.
A súa fichaxe responde á necesidade de "completar o plantel" e buscar variantes no esquema do equipo tras a saída inesperada dun home importante como Víctor Rodríguez, ademais de Balenciaga, abonando a súa cláusula de rescisión.
Relacionadas:
-
O Teucro empezará a liga en Príncipe Felipe polo atraso das obras no Municipal
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Teucro e Asmubal Meaño asinan un acordo de filialidade
Por Redacción |
-
Balenciaga e Víctor Rodríguez abonan a cláusula de rescisión e desvincúlanse oficialmente do Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro ponse a traballar co obxectivo de "ganarnos el cartel de favorito"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Zamora-Teucro e Cisne-Gijón na primeira xornada da División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
Johnny Medina, un especialista defensivo para o Teucro
Por Redacción |